El tiempo
jueves. 20.06.2024
El tiempo
Blog

O Alevín Promesas afronta a Fase Galega Sur

22 de mayo de 2024
O Pabellón Promesas, como campión provincial, afronta este sábado en Redondela a Fase Sur do Campionato Galego Alevín na modalidade de Fútbol 8. Os nosos terán como rivais de grupo a Caldas CF, AD Vila do Corpus e UD Ourense. No outro grupo desta zona están integrados RC Celta, ED Val Miñor, Pontevedra CF e EFB Moañesa. En xogo están dúas prazas para acceder á Fase Final Galega xunto cos outros dous clasificados da Zona Norte, que xogan en Narón, unha semana máis tarde. VER HORARIOS