Desde hai máis de 24 anos o Pabellón Ourense CF conta cunha Escola de Iniciación ao Fútbol na que a súa función social veu a ocupar unha franxa que o fútbol base non podía atender: a posibilidade para moitos nenos e nenas que querían iniciarse na práctica deste deporte, e tamén mellorar as súas capacidades.
A Escola foi medrando progresivamente ata acadar unha media de 100 deportistas, moi preto do límite de capacidade das instalacións que nos facilita o Consello Municipal de Deportes. Dende a tempada 2011-2012 denomínase Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias", que foi o fundador do Pabellón Ourense CF no ano 1972 e falecido no ano 2017.
O Director da Escola é José Manuel Rodríguez Morgade "Manu", que foi xogador branquiverde ata a súa etapa final como xuvenil e posteriormente militou no CD Ourense, CD Lugo, Cultural Leonesa, Coruxo FC, Elche CF, C e Ourense CF.
OBXECTIVOS
1.- Educar mediante a acción física-recreativa de carácter deportivo. Preténdese que o neno se inicie na práctica do deporte, dende os seus coñecementos básicos, entendendoa como unha actividade de tempo libre, recreativa, formativa e educativa.
A través da aprendizaxe do deporte que a eles máis lles gusta, pódese chegar a unha formación integral da sua personalidade individual, colectiva, humana, creativa en corpo e mente e ó encauzamento da sua formación deportiva, alonxada dos perigos que nesta sociedade se poden encontrar.
2.- Crear un estado de participación no deporte.
3.- Obxetivos específicos de carácter técnico relacionados coa mellora das capacidades coordinativas:
-
Capacidade de Orientación.
-
Capacidade de Combinación.
-
Capacidade de Diferenciación.
-
Capacidade de Equilibrio.
-
Capacidade de Reacción.
-
Capacidade de adaptación a diferentes situacións.
Aprendizaxe e desenvolvemento de:
a.- Diferentes formas de golpeo do balón con ambas pernas utilizando as seguintes superficies: empeine interior e exterior, empeine total, interior do pe e planta do pe.
b.- Golpeos coa testa: frontal e occipital.
c.- Recepción con toda a superficie corporal, ben sexa a través de amortiguamentos, controis orientados ou semi-orientados.
d.- Fintas e regates con ambas pernas.
e.- Conducción en línea recta, curva, con cambios de dirección, en cuadrado etc…
f.- Golpeos do balón estático e en movemento, con carreira previa e sen carreira previa.
g.- Exercicios de habilidade estática e dinámica.
4.- Mellorar os recursos psicomotrices e sociomotrices dos alumnos segundo as súas propias capacidades.
-
Educación polo movemento.
-
Habilidades motrices básicas: esquemas motrices, patróns motrices, coordinación en todas as súas manifestacións, etc…
-
Destrezas deportivas específicas.
5.- Ofrecer un soporte ó Pabellón Club de Fútbol para mellorar os niveis de xogo e organización de competicións.
REQUISITOS
O curso vai dirixido ós nen@s nados nos anos 2018, 2019 e 2020.
FORMA DE INSCRICIÓN
O procedemento de inscrición é moi sinxelo, basta con seguir estes pasos:
- Circular da presentación da Escola de Iniciación.
- Circular co procedemento para a inscrición e pago de cotas.
- Formulario para cumprimentar a solicitude de preinscrición do nen@.
- Formulario para cumprimentar referente á cesión de imaxes na web e redes sociais do club.
- Abona a cota de inscrición nas contías e nos prazos sinalados pola circular.
- Remite o formulario cumprimentado e o xustificante de abono da cota á dirección de correo electrónico seguinte: [email protected]
- Recibiredes, antes do comezo da actividade, un correo electrónico confirmando a inscrición co grupo e horario que lle corresponde o voso nen@.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Por parte da Dirección Deportiva da Escola de iniciación “José Luís López Iglesias”, formaránse grupos de traballo distribuídos por ano de nacemento, de luns a venres de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 e que serán comunicados a través da páxina web da entidade e de xeito individual a cada familia no correo de confirmación da inscrición.