SEGUNDA FUTGAL

Previa | Vista Hermosa mide a boa liña do Sénior

SCD Paderne - Pabellón CF (Vista Hermosa; domingo 15, 17:00 horas):

Sénior  visita este domingo ao Paderne no encontro correspondente á 26ª xornada da Segunda Futgal, nun duelo directo na zona media alta da táboa entre dous equipos separados por apenas tres puntos. O conxunto padernés ocupa actualmente a sexta posición con 46 puntos, mentres que os branquiverdes son sétimos con 43.

O cadro local está a amosar un rendemento notable no seu feudo de Vista Hermosa. Nos trece partidos disputados como local suma sete vitorias, dous empates e catro derrotas, cun balance de 27 goles a favor e 26 en contra. Ademais, o Paderne presenta unha curiosa estatística: é o único equipo da categoría que aínda non perdeu como visitante.

Pola súa banda, o Pabellón chega a esta cita nun gran momento de forma tras encadear catro triunfos consecutivos, unha dinámica que lle permitiu achegarse aos postos de privilexio da clasificación. Os de Toño Sanmartín afrontan o choque coa  intención de sumar unha nova vitoria en Vista Hermosa.

E é que neste escenario os pabellonistas xa saben o que é gañar, pois na primeira eliminatoria da Copa lograron remontar  dous goles para acabar levando o triunfo. Con todo, no duelo da primeira volta en liga foi o Paderne quen se levou os tres puntos do Miguel Ángel (0-1).

Nos de Toño Sanmartín non estarán dispoñibles por distintas causas Rubén, Miguel Ángel, Changui, Luis, Cacha e Jhonny Nóvoa, neste caso por sanción. Recupera a Raúl e Numan, e sempre á espera do último adestramento deste venres.

David Requejo Fernández é o árbitro designado para dirixir o choque. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 26.