LIGA NACIONAL XUVENIL

1-4 | O Xuvenil A remonta e segue moi vivo

DOMINGO 29/03/2026 (12:00)  Campo:  MANOLO BARREIRO 2 (100)

AJ LÉREZ: 1 – PABELLÓN CF: 4 (1-1) 

O Xuvenil A apuntouse unha vitoria vital no campo do colista no partido da 28ª xornada da Liga Nacional Xuvenil que lle permite sumar 30 puntos, que non o sacan da zona de descenso por arrastre pero que o mantén a un punto da salvación cando restan seis xornadas para que remate a competición. Ademais, cortou unha racha negativa de sete partidos sen gañar.

As cousas non comezaron ben para os pabellonistas, que aos sete minutos de xogo encaixaron o gol dos locatarios e que poñía as cousas moi complicadas. O equipo non se amilanou pero ata o último suspiro do primeiro tempo non chegaría o tanto da igualada nun remate de Nico, marchándose ao descanso cun esperanzador empate.

Nico anotou os dous goles pabellonistas
Nico firmou un hattrick na remontadas do equipo

Posiblemente a clave da vitoria branquiverde estivo no minuto tres do arranque da reanudación, cando Ander puxo por diante aos pabellonistas: 1-2. A situación cambiou radicalmente. Os pontevedreses acusaron o golpe ao tempo que os ourensáns tiuveron un subidón anímico.

A entrada de homes veteranos como Álex Riveiro e Gómez deulle máis peso ao equipo, que no minuto setenta conseguía distanciar co 1-3 obra de Nico. O alaricano completaría un hattrick catro minutos máis tarde para o que foi definitivo 1-4. Os quince minutos finais transcurriron sen grandes cousas e cos de Rubén García controlando a situación.

Agora chega o parón da competición pola Semana Santa, na que o equipo podería recuperar a algún dos xogadores mancados de cara a unha cita máis que crucial no Miguel Ángel contra o Boiro, que supera en tres puntos aos pabellonistas.

O equipo suma 30 puntos e sitúase a un dos postos de permanencia
O equipo suma 30 puntos e sitúase a un dos postos de permanencia

FICHA TÉCNICA

AJ Lérez: Saúl, Hugo, Óscar (Diego, m.73), Marco, Yago (Andrés, m.59), Ezequiel, Dani, Mateo, Arias (Rodrigo, m.67), Casal e Caldas (Rubén, m.59).

Pabellón CF: Roberto, Gael, Bericat (Fabio, m.81), Tiago Barbosa, Guille, Ander, Tiago Cerdeiro (Samu Ferraz, m.73), Nico, Martín (Álex Riveiro, m.46), Jesús (Hugo Oliva, m.81) e De Blasis (Gómez, m.59). 

Árbitro: Álvaro Solla Montes, asistido nas bandas por Franco Echeverri e Márquez Padín (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Mateo (m.66) e Ezequiel (m.67) nos pontevedreses e nos ourensáns a Bericat (m.33) e Nico (m.58).

Goles: 1-0, m.7: Ezequiel. 1-1, m.45: Nico. 1-2, m.48: Ander. 1-3, m.70: Nico. 1-4, m.74: Nico.