LIGA NACIONAL XUVENIL

1-3 | O Xuvenil A erra, perdoa e cae excesivamente

XOVES 19/03/2026 (11:30)  Campo:  MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF: 1 – CD CHOCO: 3 (0-1) 

O Xuvenil A sufriu un castigo excesivo no Miguel Ángel tras caer ante o Choco, situado en posto de ascenso, no encontro aprazado da 19ª xornada da Liga Nacional Xuvenil. Os ourensáns encaixan así a súa novena derrota como locais e quedan con 26 puntos, en postos de descenso por arrastres da División de Honor.

A primeira metade estivo marcada por unha maior posesión do conxunto redondelán, aínda que sen xerar demasiado perigo. O partido romperíase nunha acción desafortunada para os locais, cun resbalón dentro da área que acabaría no tanto visitante, obra de Iago. Pola súa banda, o Pabellón tivo as súas mellores opcións en dous remates de Iker Regueira, pero sen acerto. Co 0-1 chegaríase ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o cadro pabellonista deu un paso adiante e amosou a súa mellor versión, con máis intensidade e dominio do xogo. Nese tramo chegaron tres ocasións moi claras para empatar, en botas de Lucas, Nico e novamente Iker Regueira, pero a falta de puntería volveu penalizar aos locais.

E cando mellor estaban os ourensáns, chegou outro golpe duro: Dani remataba un saque de esquina para facer o 0-2. A pesar diso, o Pabellón non baixou os brazos e seguiu loitando por meterse no encontro, pero xa na recta final Rocha sentenciaba co terceiro tanto visitante. De Blasis, sen tempo para máis, maquillaría o resultado.

O Pabellón terá agora unha auténtica final o vindeiro domingo ante o Bertamiráns no Miguel Ángel, nun duelo clave pola permanencia.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Maikel, Iván (Gael, m.81), Tiago Cerdeiro, Bericat, Martín (Fabio, m.56), Ander, Tiago Cerdeiro, Provi (Guille, m.56), Nico, Lucas (Jesús, m.71) e Iker Regueira (De Blasis, m.71).

CD Choco: Borja, Gabri, Jandro, Salva, Dani, Hugo, Iaguito (Martín, m.82), Adri (Rocha, m.46), Izan (Nico, m.76), Iago (Castro, m.83) e Bruno (Claudio, m.76).

Árbitro: Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Guzmán Falcón e Oliveiros Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Adri (m.39), Salva (m.57) e Iago (m.81) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.19: Iago. 0-2, m.71: Dani. 0-3, m.84: Rocha. 1-3, m.88: De Blasis.