El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

O Club

Pabellón Ourense Club de Fútbol

Benvido á nosa páxina web, dende a Xunta Directiva do Pabellón Ourense C.F. agardamos que atopes toda a información que precisas do noso Club, tanto os proxectos que imos emprender como todo o relacionado co noso traballo diario.

Parece ser onte, pero estamos preto de medio século dende que este proxecto dirixido por D. José Luis López Iglesias e Fernando Bouso Caiña deu os primeiros pasos, e inculcou en todos nós o principal valor do club que naceu, que foi a de EDUCAR por diante da de COMPETIR.

Somos moitos os que cremos neste Club, agora vemos crecer aos nosos fillos e esperamos que as novas xeracións sigan escolléndonos para comezar a súa actividade deportiva ao noso lado.

Moitas grazas pola túa visita e esperamos que toda a información que atopes sexa do voso agrado.

A Xunta Directiva.

 

Historia do Club

 

1º equipo del club (Infantil)

O Pabellón Club de Fútbol fundouse no ano 1972 polo xa falecido D. José Luis López Iglesias († 2015), presidente da entidades ata o 2015 e posteriormente Presidente de Honra.

Neste intre, una necesidade demandada pola sociedade era a formación futbolística  e por esa razón, dende o Concello, decidiuse acometer ese proxecto que, como moitos outros, era difícil e custoso. Non contábamos con instalacións nin cos recursos humans necesarios pero aínda así decidimos que con tantos nenos que querían xogar ó fútbol había que facer algo… e puxémonos a traballar e comezamos a competir cos xogadores que iban chegando de diferentes barrios da cidade.

Comezouse cun equipo Infantil no ano 1972 e a os poucos foise forxando o que hoxe en día é un dos clubes de fútbol base máis antigos de Ourense. Actualmente conta con dezasete equipos nas diferentes competicións máis os seis que ten o club vinculado, o CD Pabellón Promesas, o cal supón uns 300 deportistas entre 7 e 19 anos.

Ademais, xestiona a Escola de Iniciación ó Fútbol “José Luis López Iglesias” cunha participación media por ano de 90 nen@s dende os catro ata os seis anos que desenvolven a sua actividades de outubro a xuño. A Escola é o principal viveiro  dos equipos da entidades.

Dentro dos títulos máis destacados cos que conta o Pabellón Ourense Club de Fútbol, cabe destacar: Tres campionatos galegos infantís, dous en categoría alevín, un título da Liga Nacional  de Xuvenís e dous campionatos de España de fútbol sala tanto en alevís como en infantís. Tamén foi subcampeón galego en infantís (tres veces), cadetes e xuvenís. Foi o primeiro campión de Galicia na categoría Alevín ao gañar a primeira edición do campeonato a nivel Autonómico.

Na tempada 2008-2009  o segundo equipo xuvenil obtivo o acceso á Liga Nacional, un feito que puxo o listón máis alto dos 46 anos de existencia do club ao ter os dous primeiros equipos xuvenís nas maiores categorías nacionais de fútbol base. Tamén foi campeón galego Prebenxamín  na modalidade de Fútbol 8 na tempada 2013-2014.

A nivel provincial, o Pabellón Club de Fútbol ten todos os títulos provinciais en diferentes etapas, dente as categorías de xuvenís, cadetes e infantís, tanto na Liga como na Copa Deputación, como en alevís, benxamís e prebenxamís. É destacable que na tempada 86-87, o clube impúxose  en todas as finais da Copa Deputación, dende a categoría benxamín ata a de afecionados. Tamén sucedeu o mesmo na modalidade de Fútbol 8 nas tempadas 2015-2016 e 2016-2017.

O Pabellón Club de Fútbol tamén ten varios recoñecemetos públicos  á súa labor. Na tempada 1991-1992 recibiu o premio da Xunta de Galicia como mellor clube de categorías de base e no ano 2001 concédeselle o premio da Diputación Provincial como mellor club de base de todos os deportes no cuatrienio 1997-2000, repetindo a mesma mención no periodo 2001-2004, recoñecendo así o traballo desempeñado ó longo destes anos.


Convenio co R.C. Celta de Vigo.

O R.C. Celta de Vigo e o Pabellón C.F. manteñen un acordó de colaboración para a promoción do fútbol base dende o 1 de setembro do 2014. O Convenio asinado enmárcase  dentro da política social da Fundación Celta, disposta a brindar o seu apoio á nosa entidade.

Grazas a este convenio o club  e os xogadores víronse beneficiados  en diferentes aspectos deportivos e non deportivos. O club olívico, por medio da Fundación Celta, organiza diferentes Campus de Veráns e Clinícs, facilita entradas gratuítas para acceder aos partidos do R.C. Celta de Vigo en Balaídos e na actualidades está a desempeñar un traballo de tecnificación cos equipos alevís e benjamines.

Por todo isto agradecemos ao R.C. Celta e á Fundación Celta o seuapoio e dedicación, á vez que se prolongou recentemente o Convenio por tres tempadas máis.