SEGUNDA FUTGAL

2-4 | O Sénior segue dando alegrías

DOMINGO 15/03/2026 (17:00)  Campo: VISTA HERMOSA (150)

SCD PADERNE: 2 – PABELLÓN CF: 4 (0-0)

O Sénior sumou unha nova vitoria na 26ª xornada da Segunda Futgal tras ao Paderne, nun encontro intenso no que os blanquiverdes demostraron unha gran eficacia ofensiva. Con este triunfo, o conxunto ourensán encadea cinco vitorias consecutivas e consolida o seu gran momento de forma.

O partido comezou moi ben para os visitantes, que pronto tomaron a iniciativa no marcador. Numan foi o gran protagonista da primeira metade, anotando un dobrete que puxo ao Pabellón con 0-2 apenas superada a media hora de xogo. Semellaba que os de Toño Sanmartín tiñan o encontro ben encamiñado, pero o Paderne reaccionou antes do descanso colocando o 1-2 e deixando todo aberto para a segunda metade.

Numan anotou os dous primeiros goles pabellonistas
Numan anotou os dous primeiros goles pabellonistas

Na reanudación, o conxunto local mantivo a súa dinámica e nos dez primeiros minutos conseguiu igualar o duelo, cun segundo tanto de Dani, que devolveu a emoción ao marcador.

Lonxe de virse abaixo, o Pabellón soubo recompoñerse e volver golpear. Noli, nunha rápida contra, devolveu a vantaxe aos visitantes nun momento clave do encontro. Xa nos últimos instantes, Aldán sentenciou o choque co cuarto gol, pechando un triunfo moi valioso para os branquiverdes.

Con esta vitoria, o Pabellón acada os 46 puntos e sitúase na sexta posición da táboa, reafirmando a súa boa dinámica na competición. Na vindeira xornada, os pabellonistas recibirán no Miguel Ángel ao Atlético Vilariño, segundo clasificado, nun duelo de gran esixencia.

FICHA TÉCNICA

SCD Paderne: Brais (Iván, m.46), Dani (Andrés, m.66), Diego (Santi, m.51), Xurxo, Julio (Roberto, m.56), Mario, Rubén, Rubio, Manu, Yago e Cuíña.

Pabellón CF: Nacho, Enrique, Pedro, Pede, Rober (Jhonny Merlo, m.63), Sergio, Noli, Raúl (Mario, m.63), Aldán, Numan (Óscar, m,.89) e Moure (Xoel, m.79).

Árbitro: David Requejo Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Julio (m.41), Manu (m.45) e Rubio (m.47) nos locais e nos visitantes a Rober (m.45), Noli (m.59), Sergio (m.83) e Pede (m.83).

Goles: 0-1, m.3: Numan. 0-2, m.31: Numan. 1-2, m.39: Dani. 2-2, m.55: Dani. 2-3, m.59: Noli. 2-4, m.89: Aldán.