1-2 | O Sénior segue embalado e xa opta á promoción
SÁBADO 28/03/2026 (17:00) Campo: A COSTOIRA (150)
CD MOREIRAS: 1 – PABELLÓN CF: 2 (1-0)
O Sénior apuntouse unha gran vitoria na 28ª xornada da Segunda Futgal na tarde deste sábado que lle permite soñar con un posto na promoción de ascenso a falta de seis xornadas para o final da competición ao alcanzar os 52 puntos e despois de encadear sete triunfos consecutivos.
Os branquiverdes impuxéronse ao Moreiras (54 puntos), que se convirte nun rival directísimo para a promoción. A maiores o equipo fíxose co golaverage particular xa que na primeira volta os pabellonistas venceran (2-1) no Miguel Ángel.
En canto ao partido o cadro local adiantaríase no marcador no último minuto da primeira metade por medio de Pumar, pero os de Toño Sanmartín puideron remontar no treito final do partido cun gol de falta de Xoel e outro de Noli. Antes destas dúas accións o Moreiras puido ampliar a vantaxe pero o xuvenil Iker Sabín sacou un balón baixo paos.
Despois do parón da Semana Santa o Pabellón terá un duro hueso o 12 de abril no Miguel Ángel coa visita do Seixalbo, que tamén está en condicións de loitar pola segunda praza de ascenso ou no peor dos casos pola promoción.
FICHA TÉCNICA
CD Moreiras: Marcos, Borja, Rafael, Noel, Christopher, Pumar, David, Juan Pablo, Pablo (Quintairos, m.46), Saúl (Jordi, m.77) e Xurxo (Joel, m.77).
Pabellón CF: Nacho, Enrique, Pedro (Jhonny Nóvoa, m.61), Pede, Mario, Sergio, Noli, Raúl (Óscar, m.61), Aldán (Iker Sabín, m.75), Numan e Moure (Xoel, m.72).
Árbitro: Brais Carballo Alfonso (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pumar (m.48) e Chrristopher (m.87) nos locais e nos visitantes a Pede (m.57) e Noli (m.90).
Goles: 1-0, m.44: Pumar. 1-1, m.83: Xoel. 1-2, m.89: Noli.