SEGUNDA FUTGAL

Previa | Cita de altos vuelos para o Sénior

Pabellón CF - Atlético Vilariño (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 22, 16:30 horas):

O Sénior afronta este domingo un compromiso de altos vuelos correspondente á 27ª xornada da Segunda Futgal coa visita do Atlético Vilariño, segundo clasificado da categoría con 59 puntos e un dos equipos máis sólidos do campionato.

O conxunto visitante destaca especialmente polo seu rendemento lonxe do seu campo, onde presenta uns números moi destacados: nove vitorias, dous empates e unha soa derrota en doce encontros, nos que ademais amosa unha gran capacidade ofensiva con trinta goles a favor e só trece en contra. Ademais, chega ao Miguel Ángel nun bo momento de forma, tras encadear catro xornadas consecutivas sen coñecer a derrota.

Pola súa banda, o Pabellón atravesa tamén unha dinámica moi positiva. Os blanquiverdes acumulan cinco vitorias consecutivas, unha racha que lles permitiu ascender ata a oitava posición da táboa con 46 puntos e gañar confianza de cara a este tramo decisivo da tempada.

Os pabellonistas poñerán toda a carne no asador para tentar superar a un rival de gran entidade, especialmente perigoso como visitante, nun encontro que se presenta igualado e de máxima esixencia.

Nos de Toño Sanmartín non estarán dispoñibles por distintas causas Rubén, Miguel Ángel, Luis, e Guzmán, e sempre á espera do último adestramento deste venres.

A arbitraxe do partido estará a cargo de Noel Rodríguez Iglesias. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 27.