LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Partido vital para o Xuvenil A

AJ Lérez - Pabellón CF (Manolo Barreiro 2; domingo 229 12:00 horas):

O Xuvenil A afronta este domingo un encontro decisivo na súa loita pola permanencia na Liga Nacional Xuvenil. Os blanquiverdes visitan ao AJ Lérez na 28ª xornada nun partido marcado pola necesidade imperiosa de sumar os tres puntos, pero outro enemigo dos nosos son as numerosas baixas que presentan, un total de seis.

Situados na decimoquinta posición con 27 puntos, os pabellonistas atravesan un momento complicado tras encadear sete xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria. Ademais, o equipo segue condicionado polo efecto arrastre procedente da División de Honra, que incrementa as prazas de descenso e obriga a non fallar cando restan apenas sete datas para o remate do campionato. Todo o que non sexa gañar deixaría ao equipo nunha situación moi comprometida.

En fronte estará un AJ Lérez que pecha a clasificación con 10 puntos, pero que tratará de aproveitar o factor campo para frear a súa mala dinámica. No seu feudo, os pontevedreses suman dúas vitorias, un empate e dez derrotas, con 13 goles a favor e 40 en contra. Chegan a esta cita nun momento especialmente delicado, acumulando dez derrotas consecutivas.

Con este contexto, o encontro preséntase como unha auténtica final para os branquiverdes, que precisa reencontrarse co triunfo e dar un paso adiante na súa loita pola permanencia. A eficacia nas áreas e a capacidade para xestionar a presión serán claves nun duelo no que só vale gañar.

Rubén García non poderá contar para esta cita con Melguizo, David, Veiras, André, Lucas e Iker Regueira e á espera do adestramento deste venres.

A arbitraxe estará a cargo de Álvaro Solla Montes, asistido nas bandas por Franco Echeverri e Márquez Padín, do Colexio de Pontevedra. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 28.