Previa | O Sénior, á caza da promoción
CD Moreiras - Pabellón CF (A Costoira; sábado 28, 17:00 horas):
O equipo Sénior afronta este sábado un desprazamento de máxima esixencia na 28ª xornada da Segunda Futgal, coa visita ao campo de A Costoira para medirse ao Moreiras nun dos partidos máis destacados da fin de semana.
O conxunto local chega á cita ocupando a cuarta posición, en postos de promoción, con 54 puntos, e apoiado nun rendemento moi sólido como local. En A Costoira, o Moreiras converteuse nun equipo case inexpugnable, sumando dez vitorias, un empate e só dúas derrotas, cun balance goleador de 33 tantos a favor e 21 en contra. Ademais, afrontan o encontro nun bo momento de forma, tras encadear catro xornadas consecutivas sen coñecer a derrota.
Pola súa banda, o Pabellón preséntase ao duelo situado na sétima praza con 49 puntos, mantendo vivas as súas opcións de engancharse á pelexa pola promoción. Iso si, para seguir aspirando a ese obxectivo, o triunfo antóllase imprescindible neste compromiso directo. Lonxe do Miguel Ángel, os pabellonistas amosan unha traxectoria competitiva, con seis vitorias, tres empates e catro derrotas, anotando 23 goles e encaixando 24.
O equipo branco e verde chega, ademais, nun estado de forma excepcional, tras sumar sete vitorias consecutivas, unha dinámica que reforza a confianza dun grupo que quere dar un golpe sobre a mesa nun dos campos máis complicados da categoría.
En definitiva, A Costoira acollerá un destacado duelo, no que se medirán dous equipos en plena forma e con obxectivos ambiciosos, nun partido que pode resultar decisivo para marcar o futuro inmediato de ambos na competición.
Nos de Toño Sanmartín non estarán dispoñibles por distintas causas Rubén, Miguel Ángel, Luis, Guzmán, Jhonny Merlo e Rober, e sempre á espera do último adestramento deste venres.
Brais Carballo Alfonso é o colexiado desginado para dirixir o partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 28.