LIGA NACIONAL XUVENIL

0-0 | O Xuvenil A segue atascado

DOMINGO 22/03/2026 (12:00)  Campo:  MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF: 0 – BERTAMIRÁNS FC: 0 (0-0) 

O Xuvenil A non puido pasar do empate nun partido contra un rival directo pola permanencia na cita correspondente á 27ª xornada da Liga Nacional. Con este marcador os pabellonistas seguen en posición de descenso por arrastre con 27 puntos e acumulan sete xornadas sen gañar.

A cita estivo marcada polas precaucións de uns e outros en non cometer erros que puidesen orixinar situacións de perigo. Na primeira metade as cousas estiveron niveladas cunha boa ocasión para os visitantes e dúas para os locatarios. Aos doce minutos deste periodo os branquiverdes perderon por lesión a Iker Regueira, sendo relevado por De Blasis.

Na segunda metade os pabellonistas sairon mellor disfutando de tres oportunidades para haberse adiantado no marcador en remates de De Blasis, Nico e Jesús. Tamén tivo un par delas o Bertamiráns. Ao final o marcador non se movería e o resultado para nada favorece aos pabellonistas.

Na próxima xornada o Pabellón visitia ao AJ Lérez con Manolo Barreiro de Pontevedra.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Iván (Gael, m.76), Tiago Barbosa, Bericat, Martín (Guille, m.76), Ander, Tiago Cerdeiro, Nico (Álex Riveiro, m.62), Lucas, Jesús (Gómez, m.62) e Iker Regueira (De Blasis, m.12).

Bertamiráns FC: Marcos, Lorenzo, Xavier (Samuel, m.82), David, Daniel, Anxo, Tiago (Román, m,58), Mateo, Rubén, Diego e Facal (Uxío, m.68).

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Cerreda Ferrón e Pintos Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Tiago (m.43) e Ander (m.47) nos locais.