martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

XII TORNEO CIDADE DAS BURGAS BENXAMÍN

Superou na final á EDC Xinzo (2-1)

O Pabellón CF deixou o trofeo na casa ao vencer na final Á EDC Xinzo (2-1) nun partido que tivo controlado en todo momento.

Os pabellonistas foron mellores ao longo dos trinta minutos do partido decisivo. Ao final da primeira mandaban no marcador (2-0) cun dobrete de Dani e incluso houbo ocasións para que o marcador fose máis amplo.

Na segunda metade o guión non variou xa que os locatarios tiñan controlada a situación contra unha EDC Xinzo que apenas levaba perigo á meta local. Un balón ao traveseiro de Dani puido incrementar a vantaxe. Os limiaos acortarían distancias no suspiro final sen tempo para máis. Nas semifinais o Pabellón superara á UD Ourense (5-0) e a escuadra de Xinzo á EDC Barbadás (3-0). Na final de consolación o equipo de Os Carrís levaría a vitoria (1-0) para rematar como terceiro clasificado e os unionistas cuartos.

O pabellonista Hugo López foi nomeado Mellor Xogador do torneo e a EF Lalín levouse o premio á Deportividade. O evento que se desenvolveu ao longo de todo o Xoves Santo congregou a moito público nas bancadas do campo de Os Remedios nunha xornada na que acompoñaou o tempo xa que a choiva non apareceu en ningún momento. Para ver todos os resultados e o cadro final PINCHA AQUÍ.

Superou na final á EDC Xinzo (2-1)