El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

Inscricións abertas para os dous turnos

A Fundación Celta ten aberto o periodo de inscrición dos diferentes Campus de Verán que desenvolverán a partir do 24 de xuño e principios de xullo en diferentes puntos de Galicia.

No caso do que organiza no campo Miguel Ángel-Os Remedios, coa colaboración do Pabellón CF, iste contará con dous turnos: do 24 ao 28 de xuño e do 1 ao 5 de xullo.

Esta eficaz formación futbolística, destinada a nenos e nenas de 4 a 16 anos, irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e dun entorno de adestramento onde a diversión está asegurada.

horario da actividade é de 9:45 ata as 13:45 horas. Entre as 9:30 e as 9:40 horas, levaránse a cabo os protocolos de entrada nas instalacións e entre as 13:50 e as 14:00 h efectuaránse os protocolos de saída.

As prazas son limitadas e ademáis todos os inscritos antes do 16 de maio poderán beneficiarse do prezo reducido. Os xogadores do club terán un desconto de 14 euros.

Para aplicar esa redución, ao comprar o producto debe seleccionar a opción de desconto por CLUB CONVENIDO e ao cubrir o formulario de datos seleccionar como club convenido PABELLÓN OURENSE.

MÁIS INFORMACIÓN                            PROCESO DE INSCRICIÓN

Inscricións abertas para os dous turnos