Segunda Galicia

1-1 | Empate do Senior, que non depende de sí

DOMINGO 28/04/2024 (20:00)  Campo: OIRA (100)

CD A PURÍSIMA : 1 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)

Un gol a dous minutos do final do partido truncou a vitoria dos branquiverdes no campo de Oira na antepenútlima xornada do Grupo 2º da Segunda Galicia

Os de Toño Sanmartín conseguiron marcharse ao descanso con vantaxe no marcador grazas ao gol de Aldán e sabedores de que de manter esa vitoria ao final do enfrontamento aumentaba a súas posibilidades de loitar pola permanencia (39 puntos) con máis garantías que deixa este empate.

As contas

A dúas xornadas do final nas que recibirán ao Raio Alaricano (44 puntos) nos Remedios e pecharán a competición no campo do Atlético Vilariño, as contas para ocupar o noveno lugar esixen gañar os dous partidos e que o equipo alaricán, ademáis de perder cons pabellonistas, o faga tamén na última xornada no seu feudo co Viana.

Outra posibilidade é que os de Toño Sanmartín se impoñan ao Raio Alaricano por máis dun gol, para facerse co coeficiente particular, e que os primeiros, como moito, empaten cos vianenses. Non gañar o próximo domingo conlevaría o descenso matemático.

FICHA TÉCNICA

CD A Purísima: Anthony, Borrajo, Marcos, Docasar, Luis (Jacobo Álvarez, m.87), Raúl, Enrique (Jacobo Pérez, m.56), Hugo, Ramón, Lois e Yago (Samuel, m.82).

Pabellón CF: Nacho, Rober, Luis, Miguel Ángel, Iago, Aldán, Sergio, Diego (Iván, m.89), David (Guzmán, m.30) (José, m.67), Dani (Cacha, m.67) e Pibe.

Árbitro: Rubén Fernández Otero (Comité Galego-Ourense).  Amonestous a Docasar (m.5) e Hugo (m.77) nos locais e a David (m.26), Iago (m.63) e Aldán (m.66) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.40: Aldán. 1-1, m.88: Lois.