El tiempo
miércoles. 18.09.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | Tres puntos innegociables para o Senior

Pabellón CF –  Raio Alaricano (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 5, 17:00 horas):

A falta de dúas xornadas para que remate o Grupo 2º da Segunda Galicia os branquiverdes teñen unha cita vital para chegar vivos á última cita ligueira. O seu rival deste domingo (44 puntos) supera aos branquiverdes (39) en cinco con seis en xogo. 

Conseguir os tres puntos é algo innegociable para os de Toño Sanmartín e si ademáis puidesen conseguir un triunfo por máis dun gol, iso permitiríalles facerse co golaverage particular, algo moi importante nestes momentos.

Facerse co noveno posto pasa por gañar á escuadra alaricán e que na última xornada os pabellonistas venzan no campo do Atlético Vilariño e o Raio Alaricano ante o Viana perda ou non pase do empate.

Neste último caso sempre que os branquiverdes teñan o coeficiente particular a favor. Non gañar este domingo lavaría ao equipo matemáticamente á Terceira Galicia.

Os branquiverdes necesitan a vitoria para chegar vivos a última xornada

Para este partido Toño Sanmartín non poderá contar por diferentes motivos con Berni, Marcos, Madrigal, Mael, Sandro e Iago Nieto. É dúbida a participación do meta Anxo. Os xuvenís do primeiro equipo, Álex Riveiro e Mauro, entrarán na convocatoria.

Como visitante o Raio Alaricano suma catro triunfos, catro empates e seis derrotas. Marcou 21 goles e recibiu 26. Na primeira volta no partido xogado no Seixo os pabellonistas caeran pola mínima: 1-0.

O partido será arbitrado por Pablo Graña Rodríguez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 29.

Previa | Tres puntos innegociables para o Senior