El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

Presentado o Campus de Verán Fundación Celta

Este venres tivo lugar a presentación oficial do "Campus de Verán Fundación Celta 2024" no C.C. Ponte Vella, que se celebrará en dous turnos no campo Miguel Ángel-os Remedios. O evento acumula xa dez edicións na nosa cidade en colaboración co Pabellón Club de Fútbol.

O acto contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación Celta; Manu Gómez, coordinador de Campus e Escolas nacionais da Fundación Celta; Felipe Quintela, presidente do Pabellón Club de Fútbol e acompañado por Antonio Iglesias, presidente de honra do club.

Este Campus terá dous turnos, o primeiro do 24 ao 28 de xuño e o segundo do 1 ao 5 de xullo, ambos en horario de 9.45 a 13.45 horas. Está dirixido a nen@s de 4 a 16 anos.

Entre as 9:30 e as 9:40 horas, levaránse a cabo os protocolos de entrada nas instalacións e entre as 13:50 e as 14:00 h efectuaránse os protocolos de saída.

A presentación do Campus tivo lugar no Centro Comercial Ponte Vella

As prazas son limitadas e ademáis todos os inscritos antes do 16 de maio poderán beneficiarse do prezo reducido. Os xogadores do club terán un desconto de 14 euros.

Para aplicar esa redución, ao comprar o producto debe seleccionar a opción de desconto por CLUB CONVENIDO e ao cubrir o formulario de datos seleccionar como club convenido PABELLÓN OURENSE.

As inscricións levan abertas unhas semanas. Pinchando nos seguintes enlaces pódese acceder a máis información e ao proceso de inscricións.

MÁIS INFORMACIÓN          PROCESO DE INSCRICIÓN

Presentado o Campus de Verán Fundación Celta