2-1 | Triunfo do Senior, que chega vivo á xornada final
DOMINGO 05/05/2024 (17:00) Campo: OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 2 – RAIO ALARICANO : 1 (0-1)
O conxunto pabellonista sumou os tres puntos diante do seu rival pola permanencia nun partido moi intenso no que os de Toño Sanmartín tiveron que remontar o gol visitante nunha desafortunada acción co gol en propia meta.
A dez minutos para o descanso o xuvenil Mauro devolvía a igualdade ao marcador cun disparo raso dende fóra do área, chegándose ao descanso con ese empate a un tanto despois dun primeiro tempo no que os branquiverdes estiveron moi nerviosos.
Tras o paso por vestiarios as cousas puxéronse moi ben xa que aos dez minutos Iago anotaba o segundo dos pabellonistas, que posteriormente viron como se lles anulou un gol que podía darlles a vantaxe do coeficiente particular.
Co paso dos minutos apenas houbo oportunidades para uns e outros e o partido remataría co 2-1 que sinalaba o marcador. Deste xeito a permanencia dos branquiverdes na derradeira xornada pasa por gañar no campo do Atlético Vilariño e que o Raio Alaricano perda no seu feudo co ascendido e campión Viana.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Rober, Luis, Miguel Ángel, Iago, Aldán (Iván, m.76), Diego (Cacha, m.46), Sergio, Mauro (Dani, m.86), Álex Riveiro (José, m.86) e Pibe.
Raio Alaricano: Miguel Ángel, Pablo, Adrián Conde (Álex, m.80), Javier, Adrián Aviñoá, Daniel (Iker, m.46), Miguel, Yoel (José Manuel, m.86), Aitor, Erasmo e Rubén (Esteban, m.46).
Árbitro: Pablo Graña Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aldán (m.39) e Pibe (m.60) nos locais e a Adrián Conde (m.11), Aitor (m.58) e Iker (m.90) nos visitantes, que sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo de Erasmo (m.90).
Goles: 0-1, m.21: Miguel Ángel (pp). 1-1, m.35: Mauro. 2-1, m.55: Iago.