El tiempo
sábado. 18.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

1-0 | Derrota do Xuvenil "A" cun rival moi necesitado

DOMINGO 05/05/2024 (12:00)  Campo: A GÁNDARA (125)

CVC VALLADARES : 1 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)

O primeiro equipo xuvenil regresou de vacío de terras vigueses despois de caer pola mínima no campo do Valladares cun gol na segunda metade na antepenúltima xornada da Liga Nacional.

O equipo local xogábase moito neste partido xa que unha derrota deixaríao prácticamente sentenciado para descender á Liga Galega.

A igualdade foi a constante durante os noventa minutos e soamente o gol dos locatarios pareceu darlle algo de aire xa que tiveron unha fase na que estiveron mellor que os branquiverdes para posteriormente igualarse de novo.

Ao final os locatarios leváronse tres puntos que os manteñen con vida a falta de dúas xornadas para que remate a competición.

Reseñar a despedida, despois dunha traxectoria no Pabellón, do capitán Rubén "Machaca". Foi o seu último partido xa que esta semana que ven incorporase ao exercito.

Para Rubén Machaca, capitán dos nosos, foi o seu último partido

Con esta derrota, pero coa permanencia garantizada dende a pasada semana, os pabellonistas viron cortada unha racha de catro triunfos consecutivos. O próximo domingo recibirán ao Boiro no Miguel Ángel-Os Remedios no que será a última cita ligueira como locais.

FICHA TÉCNICA

CVC Valladares: Roi Eijo, Villar, Marín, Mario, Antón (David, m.73), Pedro (Rodrigo, m.73), Izan (Mateo, m.82), Guisande, Tomás, Roi Fernández (Javier, m.89) e Ethan.

Pabellón CF: Aimar (Abraham, m.68), Jorge (Ander, m.68), Lamús, Tiago (Iván, m.46), Bugallo, Sampayo (Jesús, m.54), Soriano, Machaca, Peke, Mociño e Samuel (Santi, m.19).

Árbitro:  Eduardo Rivera Gores, asistido nas bandas por Rey Simons e Pregal Fernández, (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Machaca (m.80) nos visitantes. 

Goles: 1-0, m.54: Izan.

1-0 | Derrota do Xuvenil "A" cun rival moi necesitado