El tiempo
miércoles. 18.09.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Saída do Xuvenil "A" cos deberes feitos

CVC Valladares –  Pabellón CF (A Gándara; domingo 5, 12:00 horas):

Coa tranquilidade da permanencia no bolsillo (36 puntos) a tres xornadas do final da competición, o primeiro equipo xuvenil repetirá como foráneos na antepenúltima data da Liga Nacional.

Visitan a un rival (22 puntos) que ocupa un dos dous postos de descenso directo e que aínda ten algunhas opcións de evitar a caída á Liga Galega amparado en evitar o efecto arrastre que pode provocar un hipotético descenso do Arousa dende a División de Honra.

Os pontevedreses teñen o punto de mira posto en superar ao Bergantiños, pero para iso ten que limar 5 puntos de diferenza con 9 en xogo e que o Arousa gañe este sábado ao Atlético Perines na última xornada da División de Honra.

Rubén "Machaca" xogará o seu último partido ao incorporarse ao exército a vindeira semana

Iván Alonso e Brais Silva teñen as baixas por lesión de Manu Cougil, Adrián e Unai, ao tempo que Álex Riveiro e Mauro tampouco serán da partida pola súa participación co equipo Senior.

Santi xa está recuperado e para Machaca, capitán do equipo, será o seu último partido pola incorporación ao exército.

O Valladares, único equipo do grupo que non gañou a domicilio, suma 18 puntos na Gándara despois de cinco vitorias, tres igualadas e sete derrotas, anotando 26 goles e encaixando 30.

No enfrontamento da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios houbera reparto de puntos: 1-1 .

O árbitro do partido será Eduardo Rivera Gores, asistido nas bandas por Rey Simons e Pregal Fernández, do Colexio de Vigo.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 32.

Previa | Saída do Xuvenil "A" cos deberes feitos