Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

O trofeo quedou na casa

O Pabellón CF gañou o Torneo Nadal Benxamín-CO.SA.GA. ao superar á EDC Xinzo na final (3-0)

O Pabellón CF gañou o Torneo Nadal Benxamín-CO.SA.GA. ao superar á EDC Xinzo na final (3-0)

Despois dunha longa xornada con vinte e oito partidos o Pabellón CF acabou levándose o XXVI Torneo Nadal Benxamín-CO.SA.GA. ao superar na final a un competitivo EDC Xinzo de Limia (3-0). Na primeira metado os pabellonistas fóronse ao descanso mandando no marcador (1-0) para sentenciar na segunda metade con dous tantos máis. Nicolás, Gabriel e Iago foron os goleadores branquiverdes. O xogador local Gabriel Rodríguez foi nomeado Mellor Xogador do torneo.

Na consolación o Ourense CF superaba con facilidade á ED Ourense (5-0), que foi a revelación do torneo e tamén acabaría levándose o premio á Deportividade. A quinta praza quedou en mans da UD Ourense, que se impuso a un combativo Pabellón Promesas que acabaría nunha magnífica sexta posición.

Por outra parte, a Operación Quilo na que colaborou a organización deste evento coa Asoaciación Xuvenil Amencer, foi todo un éxito.

Os deportistas que participaron no torneo contribuiron de forma magnífica completando cinco caixas de alimentos non perecedeiros. O Pabellón Club de Fútbol agradece a todos eles a súa aportación.

Para ver todos os resultados do torneo e o cadro final PINCHA AQUÍ.



O trofeo quedou na casa