martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

FÚTBOL 11

O Xuvenil "B" lidera o grupo

A xornada da pasada fin de semana na modalidade de Fútbol 11 deixou un balance discreto para os nosos representantes, que obtiveron dúas vitorias, ambas nos Remedios, e catro derrotas. Destacar o primeiro posto que ocupa o Xuvenil "B" no grupo sur da Liga Galega.

O Pabellón CF "B" da Liga Galega Xuvenil superou nos Remedios á UD Barbadás (2-0) nun intenso partido que se decidiría na segunda metade. A igualdade marcou un choque moi disputado entre os dous únicos equipos que aínda non coñecían a derrota. Os goles de Anxo e Sergio no úiltimo cuarto de hora pemiten aos de Guillermo García manterse como líderes do grupo, eso si, despois de superar a un gran rival.

Chuvia de goles na cita do Pabellón CF "C" no campo de Eiroás no que caeu diante do CD Santa Teresita (5-3). Na primeira metade os de Marcial González tiveron controlado o partido e marcháronse ao descanso con vantaxe mínima (1-2) con goles de Antón e Mael. A volta de vestiarios non foi boa xa que aos tres minutos os locatarios nivelaban a contienda, pero reaccionaron ben os nosos para tomar unha nova vantaxe cunha diana de Christian Gallego.

A partir de ahí uns errores no aspecto defensivo e a precipitación en momentos claves, aproveitounos o Santa Teresita para darlle a volta ao marcador. O técnico pabellonista sinalaba que "non merecemos este resultado, non merecemos a derrota".

Derrota do Pabellón CF da División de Honra Cadete contra o CD Calasanz (1-0) en San Pedro de Visma. O partido estivo igualado pero con varias ocasións para uns e outros. Na primeira metade os de Abel Afoso tiveron un balón ao pao nun disparo de Mauro e foilles anulado un gol a Carlos.

No segundo tempo, co aire en contra, foron os coruñeses quenen atinaría coa meta ourensá anotando un gol que acabaría decantando o partido. Con tempo por diante os pabellonistas pasaron á ofensiva na búsqueda do empate e os locatarios intentando apuntillar nas contras pero o marcador non se movería máis.

Bo partido do Pabellón CF "B" da Liga Galega Cadete nos Remedios para imporse ao líder Ourense CF (4-0). Os locatarios souberon xogar o seu partido e aproveitar as ocasións de que dispuxeron diante dun rival que apenas inquietou a meta local salvo en accións a balón parado.

Ao descanso os de José Dopazo fóronse cun 2-0 cun dobrete de Amills. Na segunda metade os pabellonistas apenas deron opción ao rival cun traballo defensivo moi serio e a maiores soubo apuntillar ao rival con dúas dianas máis obra de Esteban, de penalti, e Viti.

O Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Cadete caía (1-2) nos Remedios contra a EDC Barbadás nun partido no que os visitantes marcarían moi cedo. Nacho conseguía o tanto do empate antes de rematar a primeira parte nun choque de moi físico e no que os locatarios, despois de cinco minutos iniciais algo despistados, estiveron moi serios e concentrados. 

A segunda parte tivo un guión parecido pero despois de variias ocasións para situarse por diante no marcador, foron os visitantes quenes por medio dun penalti colocaría o 1-2. Restaban dez minutos para a finalización nos que os nosos gozaron de ata catro ocasións para, polo menos, salvar un punto pero non puido ser. Destacar o traballo de todo o equipo nos oitenta minutos.

Non tivo unha boa mañá o Pabellón CF da Liga Galega Infantil, que se viu superado polo CD Areosa (0-3) nos Remedios. Os vigueses foron mellores no cómputo xeral e sempre tiveron unha marcha máis que os de Rubén García. Ao descanso o marcador xa era favorable para os olívicos (0-2) e aínda que os pabellonistas puideron meterse no partido cun gol anulado, os visitantes acabaría apuntillando co terceiro tanto.

Na 1ª Autonómica Infantil non houbo xornada nin para Pabellón "B" e Pabellón Promesas, que volverán a actividade  a próxima fin de semana .

O Xuvenil "B" lidera o grupo