martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

COMPETICIÓNS REXIONAIS

As Ligas a nivel rexional arrancan o 8 de setembro

A Real Federación Galega de Fútbol notificou nunha nota informativa aos clubes, que tanto a Liga Nacional Xuvenil como todas as Ligas Galegas, comezarán a rodar o fin de semana do 7 e 8 de setembro.

Estas datas deberán aprobarse na Asemblea da RFGF que se celebrará neste mes, aínda que prácticamente xa se dan por feitas. Deste xeito, pendente de que o club ultime en breve o cadro de adestradores da vindeira tempada, xa ten establecido que o conxunto de Liga Nacional Xuvenil comece a pretempada o 1 de agosto, mentres que para os equipos das Ligas Galegas de xuvenís, División de Honra Cadete, Liga Galega cadete infantil, o 5 de agosto será a data na que comezarán a rodar.

As Ligas a nivel rexional arrancan o 8 de setembro