2-1 | Vitoria do Senior, que segue vivo
DOMINGO 21/04/2024 (17:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 2 – ANTELA CF "B" : 1 (1-1)
Mentres hai vida hai esperanza e os branquiverdes sumaron os tres puntos (38) para manter as esperanzas de salvación no Grupo 2º da Segunda Galicia e acabaron cunha racha de cinco partidos consecutivos sen gañar.
Matemáticamente, a falta de tres xornadas para o final da competición, os de Toño Sanmartín seguen vivos, a catro puntos do noveno posto que ocupa o Antela "B", e nunha tarde calurosa tiveron que remontar un marcador adverso.
Os visitantes adiantaríanse no marcador cun tanto de Antón (19´) e o debutante Pibe equilibraría o choque na recta finala da primeira metade (38´), chegándose ao descanso con empate a un tanto.
Na segunda metade un gol en propia meta (69´) dos limiaos permitiría darlle vantaxe aos pabellonistas. A partir de ahí os visitantes buscaron afanosamente o empate e Nacho evitaríao cunha boa parada nun disparo de Antón.
Os branquiverdes tiveron dúas oportunidades para ampliar a vantaxe en sendas accións de Pibe e o xuvenil David, pero non fructrificaron.
Nos últimos instantes a zaga local tivo moito traballo co fútbol directo do rival e tras unha longa prolongación os puntos quedaron na casa. Na vindeira xornada o Pabellón visita ao A Purísima.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Rober (Iago Nieto, m.81), Luis, Iago, Miguel Ángel, José (Aldán, m.46), Sergio, Diego (Salgado, m.74), Iván (David, m.57), Dani (Cacha, m.46) e Pibe.
Antela CF "B": Andrés, Cristian, Álvaro (Carlos, m.61), Carrasco, Xurxo, Javier, David, Felipe (Lamas, m.60), Adrián (Raúl, m.60), Borja e Antón.
Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.46) e Iago (m.89) nos visitantes e a Raúl (m.90) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.19: Antón. 1-1, m.38: Pibe. 2-1, m.69: Borja, en propia meta.