CD A Purísima – Pabellón CF (Oira; domingo 28, 20:00 horas):
Tres xornadas restan para que remate o Grupo 2º da Segunda Galicia nas que o conxunto pabellonista terá dous partidos a domicilio -A Purísima e Atlético Vilariño- e una no seu campo -Raio Alaricano-.
Neses enfrontamentos os de Toño Sanmartín, que suman 38 puntos, intentarán limar os catro puntos que o separan dunha hipotética salvación que está moi complicada ao depender doutros.
O rival deste domingo está nunha situación similar pero moi distinta. A loita do Purísima (51 puntos) é para recortar cinco puntos para acceder a zona de promoción de ascenso.
Para este partido Toño Sanmartín non poderá contar por diferentes motivos con Berni, Marcos, Madrigal, Mael e Sandro. É dúbida a participación do meta Anxo. O técnico deberá tirar de xuvenís para completar a convocatoria.
O CD A Purísima acumula 20 puntos como local logo de de seis vitorias, dous empates e seis derrotas, nos que anotaron 16 goles e recibiron 18. As tres últimas citas completounas con dúas igualadas e unha derrota.
Na primeira volta venceran no Miguel Ángel-Os Remedios remantando o gol dos branquiverdes: 1-2.
O partido será arbitrado por Rubén Fernández Otero. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 28.