El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A", a manter a boa racha

Coruxo FC "B" –  Pabellón CF (Fragoselo; domingo 28, 12:00 horas):

O primeiro equipo xuvenil afronta a primeira das dúas saídas consecutivas que lle depara o calendario das últimas catro xornadas na Liga Nacional, contra un rival que nada se xoga. 

Pese á boa tempada que está a facer, sufrirá as consecuencias do arrastre que provoca o descenso do Coruxo da División de Honra

Os branquiverdes (33 puntos) chegan a esta confrontación despois dunha racha de tres triunfos consecutivos que o deixaron virtualmente fóra do descenso directo e lonxe da terceira caída que podería provocar a caída do Arousa da División de Honra. No caso de ser o Lugo, o afectado sería o segundo coxunto lucense. 

A escuadra pabellonista buscará tres puntos que serían definitivos para evitar complicacións orixinadas por un posible arrastre neste tramo final do campionato.

Os branquiverdes chegan a este partido despois de tres triunfos consecutivos

Para este partido os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen coas baixas de Manu Cougil e Adrián, aos que lles suma Unai. Mentres, Santi será dúbida ata última hora.

 Coruxo (40 puntos) acumula unha racha de seis partidos consecutivos sen gañar nos que soamente obtivo un empate. Os seus números en Fragoselo ofercen cinco vitorias, catro igualadas e seis derrotas, anotando 29 goles e encaixando 30.

No enfrontamento da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios houbera reparto de puntos: 1-1 .

O árbitro do partido será Rubén Extremadura Hernández, asistido nas bandas por Alonso Alonso e Cáceres Muñiz, do Colexio de Vigo.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 31.

Previa | O Xuvenil "A", a manter a boa racha