martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

TORNEO OURENSE BASE CADETE

Empatou co Bosco (3-3) na final do Torneo Ourense

O Pabellón Promesas caeu na tanda de penaltis contra a AD Bosco na final do Torneo Ourense Base  Cadete que se disputou no campo de O Marco na Peroxa despois de que o tempo regulamentario finalizase en táboas (3-3).

Os nosos, que se presentaron con seis xogdores infantís, estiveron sempre a remolque no marcador. Ao final dos primeiros corenta minutos o marcador era favorable ao cadro colexial (0-1). No inicio da segunda parte Xoel conseguiría empatar o choque pero pouco máis tarde o rival asestaría un golpe moi forte ao marcar dous tantos nun espazo de tres minutos (1-3) para obter unha renda de dous goles que parecía decantar o partido ao seu favor.

Sen embargo, os pabellonistas non baixaron os brazos e reacionarían con dous goles no tramo final obra de Ismael e Sergio para devolver a igualdade (3-3) ao marcador. Ao final o resultado non sufriría novidades para chegarse á tanda de penaltis na que o Bosco estivo máis acertado. Felicitar aos nosos pola entrega neste partido ata o pitido final e ao rival polo triunfo. Ver ficha técnica.

Empatou co Bosco (3-3) na final do Torneo Ourense