lunes. 16.12.2019 |
El tiempo
lunes. 16.12.2019
El tiempo

TORNEO OURENSE BASE CADETE

Impúxose á UD Ourense nos Remedios (4-2)

O Pabellón Promesas asegurou a primeira praza do grupo 13º do Torneo Ourense Cadete ao vencer na última xornada á UD Ourense "B" nos Remedios (4-2).

Non foi un bo partido dos de Enrique Silva, que ao descanso perdían (1-2) despois de recibir dous tantos precedidos de erros e nunha fase, eso sí, na que estivo moito no campo contrario. Antes de todo iso Damián inaugurara o marcador aos seis minutos.

Na reanudación mantívose o guión e os pabellonistas coa ventaxe de empatar no primeiro minuto (2-2). Tiveron moistas ocasións os nosos, as máis claras en dous balóns ao pao, ata que Damián e Sergio anotaron os tantos para certificar a remontada. Ver ficha técnica.

Con esta vitoria o Pabellón Promesas acaba esta fase de grupos -descansa na última xornada- como primeiro clasificado, polo que xogarán coa cuarto do grupo 14º nos cruces cuartos de final a dobre partido, con moitas probabilidades de que sexa o CF Monforte de Lemos. Ver clasificación.

Impúxose á UD Ourense nos Remedios (4-2)