Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

LN Xuvenil / Derrota a última hora

Un gol en propia meta nos últimos minutos abriu o camiño da vitoria para os de Redondela (0-2)

Un gol en propia meta nos últimos minutos abriu o camiño da vitoria para os de Redondela (0-2)

Nun partido intenso de principio a fin no que calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria, foron os visitantes quenes tiveron maior fortuna cando o partido xa estaba prácticamente finiquitado adiantándose no marcador cun gol en propia meta e incluso chegarían a colocar o segundo cando os pabellonistas intentaron rescatar un punto á deseseperada. Ver ficha técnica.

Os de Cándido Gómez viñan de empatar (0-0) de Vilagarcía contra o Arousa, polo que os nosos soamente levan un gol nas últimas catro confrontacións.

No resto da xornada o Calasanz non pasaba do empate (0-0) no campo do Racing Vilalbés aínda que cos outros resultados ampliou a vantaxe sobre os seus perseguidores ocupando a primeira praza de ascenso. Pola súa parte, o  VIctoria caía (2-1) na súa visita ao Conxo, que xunto ao Choco tomaron contacto coa zona alta da táboa. Ver clasificación.

LN Xuvenil / Derrota a última hora