martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

FÚTBOL 8

Segue a boa liña nos equipos de Fútbol 8

As competicións de Fútbol 8 nas diferentes categorías e divisións seguen avanzando con bastante protagonismo dos nosos representantes, nalgún caso con dobre xornada. O balance foi moi positivo con ta só unha derrota en once partidos.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Foi superior o Pabellón CF ao CF Monforte no Luis Bodegas (0-9). Ao descanso os de Antonio Parrilla xa tiñan unha renda de catro goles. Iker (3), Hugo Ochogavías (2), Diego, Amorín, Vivián e Nico anotaron os tantos.

Mentres, o Pabellón Promesas afrontou dúas xornadas entre xoves e sábado. Na primeira delas sumaba os tres puntos no campo da EDC Celanova (2-6) nun partido que se rompería a favor dos nosos a partir da metade da segunda parte. Dani (2), Hugo, Mario e Xoel anotaron os tantos.

Tamén sumou os tres puntos o equipo que adestra Anxo Valcárcel contra o Ourense CF (1-0) nos Remedios o sábado. O partido estivo aberto con maiores ocasións de gol para os pabellonistas, que petaron dous balóns na madeira. Os de Oira tamén disfrutaron dun par de oportunidades para empatar o choque.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Cómodo triunfo do Pabellón CF "B" contra o Loñoá CF (14-0) no campo dos Remedios. Os de Jorge Manuel dominaron de principio a fin e estiveron moi finos na resolución. Kevin (2), Aitor (2), Anxo, Aarón, Iago Borrajo, Iker, Enzo, Mateo, Colino, Arturo, Mikel e Ricardo.

O Pabellón CF "C" tivo dobre xornada entre xoves e domingo. No primeiro deles venceu a domicilio contra o CD Barco (1-2) un partido estivo moi igualado e ao descanso o marcador permanecía inamovible. Na segunda metade os valdeorreses tomarían vantaxe, pero a reacción dos de Marcial González permitiu que os tantos de Martín e Anxo permitisen a remontada.

Posteriormente, o domingo sumou un punto (0-0) contra o Ourense CF "D" nunha cita aberta que puido caer para calquera dos dous equipos, Os nosos tiveron dous balóns ao pao, un en cada tempo.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Estivo moi esolutivo en ataque o Pabellón CF na vitoria diante da UD Ourense (11-3) nos Remedios. Os de Gabriel Prada foron claros dominadores creando moitas oportunidades de gol que levaron a un marcador amplo. Os tantos foron de Dani (6), Teo (2), Marco, Izan e 1 pp.

Empate do Pabellón Promesas a domicilio (3-3) contra o CP Calasancio. Os de Quique Serantes foron sempre por diante no marcador e tiveron bastantes ocasións desaproveitadas para que o resultado fose mellor. Os tantos nosos chegaron por medio de Sergio, Santi e 1 en propia meta.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Pabellón Promesas "B" caía nos Salesianos contra o AD Bosco "C" (3-1). Ao descanso o marcador era de empate a un tanto co gol de Raúl para os de José Salgado. Na reanudación o equipo colexial tomou vantaxe e os pabellonistas tiveron ocasións para empatar o choque nas contras, pero foron os locatarios no último instantes quenes apuntillarían co terceiro tanto.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Impúxose o Pabellón CF á UD Ourense (9-2) nos Remedios, nunha cita que estivo máis ou menos equilibrada na primeira parte (3-2) ata que na segunda os de Enrique Silva pasaron a levar a iniciativa e froito do dominio conseguiron despegarse no marcador para obter un triunfo holgado. Saúl (3), Martiño, Miguel, Kevin, Javier, Serguio e Xián anotaron os tantos.

O Pabellón Promesas leva tres xornadas consecutivas vencendo despois de superar nos Escolapios (0-5) ao CP Calasancio. Os de Marcos Cudeiro tiveron un partido cómodo e ao descanso xa mandaban no marcador (0-2) para ampliar distancias no segundo tempor. Pablo (2), Daniel (2) e Mateo foron os goleadores.

Segue a boa liña nos equipos de Fútbol 8