Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

Fútbol 8 / Comezou a 2º parte das competicións

Bo inicio en liñas xerais dos Play Off e Torneos Ourense Base en todas as categorías

Bo inicio en liñas xerais dos Play Off e Torneos Ourense Base en todas as categorías

Na 1ª Autonómica Alevín o Pabellón sumaba os tres puntos no campo de Miraflores a costa de superar (1-3) á ED Ourense. Os de Jesús Rivera xa mandaban no marcador ao descanso (0-2) nunha cita marcada polas dificultade de visibilidade pola intensa néboa. Adán, Martín e Iván foron os goleadores.

O Pabellón Promesas comezou con bo pé o Torneo Ourense Base alevín gañando no campo de Os Carrís á EDC Barbadás (0-3). Ao descanso os de Juan Carballo tiñan vantaxe dun gol (0-1) e na segunda parte ampliarían distancias. Enmanuel, Marcos Queija e José anotaron os tantos.

Boa xornada para os dous representantes branquiverdes na 2ª Autonómica Alevín. No Play Off o Pabellón "B" defacíase con solvencia (6-0) do CD Rúa cos goles de Iker (2), Mateo Amorín (2), Samuel e Nico. Pola súa parte, o Pabellón "C" foi capaz de rescatar un punto (4-4) no campo de A Tella despois de remontar tres goles ao Nogueira. Os locatarios empatarían no desconto. Aitor (2), Iker e Mikel repartíronse os tantos.

A intensa néboa no campo de Miraflores levou á suspensión aos 14 minutos (0-0) do partido ED Ourense-Pabellón do Play Off de 1ª Autonómica Benxamín. No Torneo Ourense Base o Pabellón Promesas comezaba cun triunfo na Uceira (0-3) contra o Arenteiro. Marco, Dani e Héctor Gallego foron os goleadores.

Cara e cruz para os dous representantes da 2ª Autonómica Benxamín. O Pabellón "B" obtivo unha vitoria más fácil do previsto (4-0) contra o Maceda nos Remedios. Os de Abel Afonso fóronse ao descanso cun solitario tanto de vantaxe despois dun primeiro acto igualado. No segundo tempo os pabellonistas estiveron mellor a acertados á hora de definir. Martín (2) e Gabriel (2) anotaron os tantos.

O Pabellón Promesas "B" caía nos Remedios (2-9) contra un Nogueira que foi mellor. Ao descanso xa mandaban no marcador (1-4). Os goles locatarios chegarían por medio de Aarón e 1 pp.

Finalmente, o comezo do Play Off da 1ª Autonómica Prebenxamín deixounos un emocionante Pabellón-EDC Celanova nos Remedios. Os de Manuel Doval acabarían facéndose coa vitoria (2-1) contra un bo rival. Santi e Martín marcarían os goles.

Fútbol 8 / Comezou a 2º parte das competicións