Segunda Galicia Ourense

Previa | O Senior busca unha carambola

Atlético Vilariño –  Pabellón CF (O Medo; domingo 12, 18:00 horas):

O cadro branquiverde (42 puntos) afronta a última xornada do Grupo 2º da Segunda Galicia en dous campos diferentes para conseguir a permanencia.

Tamén podería entrar el liza o Antela "B" sempre que se producise un triple empate a puntos (45) entre os tres equipos que favorecería aos pabellonistas na liga a tres. 

Pero hai que ter en conta que o conxunto limiao recibe no Fernández Carrera ao colista Parado do Sil, que non sumou punto algún en toda a competición. Sería un bombazo que os de Xinzo perdesen.

Deste xeito, o Pabellón primeiro deberá gañar na visita a un Atlético Vilariño (60 puntos) que xa está clasificado para xogar a promoción de ascenso á Primeira Galicia e despois esperar a que o Raio Alaricano (44 puntos) perda no seu feudo co campeón e ascendido Viana.

Os branquiverdes teñen que gañar e que o Raio Alaricano perda

Esa sería a única maneira de superar na táboa ao conxunto alaricán e ocupar o noveno posto que conleva á permanencia na categoría. Todo o contrario levaría ao equipo á Terceira Galicia.

Para este partido Toño Sanmartín non poderá contar por diferentes motivos con Berni, Marcos, Madrigal, Mael, Sandro e Iago Nieto. É dúbida a participación de Diego. Os xuvenís do primeiro equipo, Álex Riveiro e Mauro, entrarán de novo na convocatoria.

Como local o Atlético Vilariño leva sumados 31 puntos como consecuencia de dez vitorias, un empate e tres derrotas. Anotou 43 gfoles e encaixou 13. 

O partido será arbitrado por Pablo Cid Menor. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 30.