Pabellón CF – CD Boiro (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 11, 16:00 horas):
O primeiro equipo xuvenil afrontará a última cita ligueira como local, penúltima do campionato, recibiendo ao colista do grupo da Liga Nacional.
A Xunta Directiva decretou o partido de portas abertas en recoñecemento a todos aqueles que levan acercándose ata o Miguel Ángel-Os Remedios para apoiar ao equipo.
Coa salvación garantizada dende fai dúas semanas os branquiverdes buscarán un triunfo para intentar escalara algunha posición na táboa clasificatoria.
Iván Alonso e Brais Silva recuperan a Adrián e Unai, ao tempo que Samuel é baixa por lesión. Tampouco estarán na convocatoria Ander e Tiago, que xogarán co equipo da Liga Galega.
O Boiro sumou 5 puntos como visitantes despois dunha vitoria, dúas igualadas e trece derrotas, anotando 16 goles e encaixando 67 Preséntanse no Miguel Ángel-Os Remedios tras doce partidos sen gañar nos que soamente sumaron 1 punto.
No enfrontamento da primeira volta disputado en Valiño-Cabo de Cruz os branquiverdes venceran con autoridade: 0-4.
O partido será arbitrado por Martín Pérez Quintas, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Feijóo Pazos, do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 33.