Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Fútbol 11 / Xornada moi discreta

Unha vitoria e dous empates foi o balance en sete partidos das nosas escuadras

Unha vitoria e dous empates foi o balance en sete partidos das nosas escuadras

Foi unha fin de semana para esquecer dos nosos represetantes de Fútbol 11 e un dos poucos que puido puntuar foi o Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil no campo de O Morrazo (1-1) co Alondras "B". A pouco para o descanso os locatarios obterían vantaxe no marcador cunha pena máxima e no inicio da segunda metade os de Anxo Valcárcel conseguirían empatar por medio de Yago sen que o marcador se movese máis ata o final.

No Play Off da 1ª Autonómica Xuvenil o Pabellón "C" caía pola mínima (1-0) na Moreira contra o Antela, que cun gol ao cuarto de hora resolvería o partido. Lamentar a lesión do pabellonista Mateo no quecemento previo ao partido. Dende aquí aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación.

O Pabellón CF da División de Honra Cadete acabaría cedendo os tres puntos (2-3) contra o Bergantiños nun partido cun tempo para cada equipo, polo menos no marcador. Ao descanso mandaban os pabellonistas cos tantos de Santi e Anxo e na reanudación os de Carballo daríanlle a volta ao partido cun terceiro tanto nos últimos instantes.

Un gol no tempo de desconto (3-2) tamán serviu para que o Pabellón "B" da Liga Galega Cadete caera no Morrazo, nun horario inadecuado, contra o Alondras. O caso é que tamén sucedeu o mesmo na primeira parte cando os locales empataron sobre a bocina neutralizando o tanto de Manuel traspasada a media hora de xogo. Aos dez minutos da renudaciòn o Alondras fixo o segundo para o 2-1 e a quince do final Mauro devolvería a igualdade ao marcador ata que o empuxe local derivou no tanto do triunfo no desconto.

Os tres equipos infantís pabellonistas tiveron os tres resultados posibles. O Pabellón CF da Liga Galega Infantil sumaba os tres puntos no Lino Balado (1-3) na súa visita ao Xuventú de Oroso. Raúl marcaría nos primeiros instantes e os locatarios empataría traspasada a media hora para chegarse oa descanso con táboas. Na reanudación Sergio e Amills fixeron os goles para facerse co triunfo.

Na Fase de Permanencia o Pabellón Promesas empataba nos Remedios (1-1) contra o Calasancio. Jorge adiantaba aos branquiverdes nos primeiros minutos e os monfortinos empatarían cerca de media hora. Posteriormente o partido resultou moi emocionante pola incertidume do marcador e no medio desa situación os monfortinos quedarían con dez pola expulsión dun xogador a dezasete minutos do final. O marcador permencería invariable.

Por último, no Play Off da 1ª Autonómica Infantil o Pabellón "B" caía nos Remedios (0-1) diante do Ourense CF "B" cun gol dos visitantes a quice do final. A cita estivo moi igualada e gañou o que acertou no remtate.

Fútbol 11 / Xornada moi discreta