El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

CONVOCATORIAS ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

.

En cumprimento do que indica o artigo 17º dos Estatutos do Pabellón Ourense Club de Fútbol, o Presidente acordou convocar aos socios e socias de pleno dereito á reunión anual perceptiva da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA deste club, para o dia 28 de Octubre de 2023 en primeira convocatoria as 10,30 horas e en segunda convocatoria as 11 horas na sala do LICEO RECREO OURENSÁN en rúa VALENTÍN LAMAS CARVAJAL nº 5.

VER CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Asímesmo, o a Xunta Directiva, en cumprimento  do que indica o artigo 21º dos Estatutos do Pabellón Ourense Club de Fútbol, acordou convocar aos socios e socias de pleno dereito á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA par as eleccións a Presidente, para o día 28 de outubro de 2023 en primeira convocatoria ás 12 horas e en segunda convocatoria ás 12.30 horas.

VER CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

O que se comunica para o seu coñocemento e debidos efectos como convocatoria para ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA mencionadas, debendo presentar o carnet de socio, o documento nacional de identidade e as cotas de socio aboadas como data límite o 27 de outubro de 2023.

Os socios que non poidan asistir en persoa, poden delegar o seu voto noutro socio, imprimindo, enchendo e asinando o documento de delegación de voto que esta dispoñible no enlace ao final deste párrafo, e aportando a documentación citada nel ata o 26 de outubro de 2023 como data máxima

VER DOCUMENTO DE DELEGACIÓN DE VOTO

Este documento entregarase por parte do socio delegante na oficina do club no campo de fútbol Miguel Ángel-Os Remedios en horario de luns a venres de 18 a 21 horas e como máximo ata o 26 de outubro. Para calquera consulta sobre este documento pódese chamar ao teléfono 649278183.

A documentación da Asemblea Xeral Ordinaria está a disposición dos socios, solicitando cita co club, para a súa revisión enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] indicando o nome completo e número de socio.

 

.