domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

Xuvenís / Novidades para o futuro

O IV Congreso Nacional de Fútbol Afeccionado deu o visto bo a creación da Súper Liga con dous grupos

O IV Congreso Nacional de Fútbol Afeccionado deu o visto bo a creación da Súper Liga con dous grupos

San Sebastián acolleu durante dous días o IV Congreso Nacional de Fútbol Afeccionado organizado pola R.F.E.F. que tivo tres ponencias de cara a unha reforma das diferentes competicións estatais que abarcan dende a Segunda B ata o fútbol feminino pasando polas categorías de xuvenís. Aprobáronse varios cambios que agora deberán pasar polas diferentes Comisóns Delegadas e pola Asamblea Xeral da  R.F.E.F.

No que nos interesa a nos, deuse o visto bo  á creación dunha Súper Liga xuvenil con dous grupos en todo o país de dezaoito equipos proposta por varias terrritoriais entre as que estaba a federación galega. Lóxicamente nesta competición estarían a maioría dos clubes "profesionais" dependendes de clubes da Liga de Fútbol Profesional. Mentres, a División de Honra quedaría en seis grupos -actualmente ten sete- e tamén estaría composta por dezaoito equipos en cada un deles. O noso Presidente, Juanín López, foi un dos represetantes da federación galega nesta ponencia.

Outras novidades están na recuperación das cinco substitucións de entre un máximo de sete suplentes e a dotación do balón oficial destas competicións, que actualmente é a única a nivel estatal que non a ten.

Todo isto terá que aprobarse na Asamblea da R.F.E.F. á cal xa deberá de chegar co mecanismo de ascensos e descensos que se aplicará na próxima tempada 2018-2019 para que na 2019-2020, de aprobarse, xa estén en funcionamento.


Xuvenís / Novidades para o futuro