DEPORTE INCLUSIVO

Exitosa xornada de "A Nosa Champions Fútbol"

O campo Miguel Ángel-Os Remedios presentou un ambiente inmellorable o sábado con motivo da posta en marcha da primeira xornada da segunda edición de “A Nosa Champions Fútbol”, unha proposta de carácter integrador impulsada pola Real Federación Galega de Fútbol que contou coa participación de oito equipos.

Esta iniciativa, dirixida ao colectivo DI (persoas con discapacidade intelectual), naceu a pasada tempada na modalidade de fútbol 7 e ten como principal finalidade favorecer a inclusión e a normalización da práctica deportiva a través dun proxecto con forte compoñente social.

Máis alá dos resultados, “A Nosa Champions Fútbol” pon o foco na experiencia, brindando ás persoas participantes a oportunidade de medrar, compartir e gozar do fútbol nun contexto adaptado. Trátase dunha competición sen carácter competitivo, pensada para promover a participación e reivindicar que o fútbol é un espazo aberto a todas as persoas, sen excepción.Como novidade destacada nesta edición, a competición servirá tamén para configurar a Selección Galega Genuine, que representará a Galicia no Campionato de España de fútbol praia.

Ao remate desta primeira xornada, levouse a cabo a entrega de medallas a todos os conxuntos participantes, nun acto institucional que contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas Pablo Prieto, presidente da Comisión Xestora da RFGF; Manuel Pérez, xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Aníbal Pereira, tenente de alcalde de Ourense; Enrique Álvarez, asesor de deportes da Deputación Provincial; e Fernando Martínez Lamas, presidente do Pabellón Ourense.

Pabellón CF
SR Calo
SR Calo
Celta Integra
Celta Integra
Fundación RC Deportivo
Fundación RC Deportivo
Racing Club Ferrol
Racing Club Ferrol
Racing Villalbés
Racing Villalbés
CD Lugo
CD Lugo
Vilagarcía SD
Vilagarcía SD
Os árbitros dos partidos
Os árbitros dos partidos
O presidente do COB SAD, Diego González, quixo estar presente nesta primeira xornada de "A Nosa Champions Fútbol" e visitou o campo de fútbol Miguel Ángel para ceder dúas camisolas do COB e dúas bufandas para sortear entre todos os participantes.
O presidente do COB, Diego González, cedeu camisolas e bufandas para sortear
Uns 150 deportistas participaron no evento
Uns 150 deportistas participaron no evento
El dispositivo organizativo de la RFGF
El dispositivo organizativo de la RFGF
O presidente da RFGF, Pablo Prieto, co presidente do Pabellón CF, Fernando Lamas
O presidente da RFGF, Pablo Prieto, co presidente do Pabellón CF, Fernando Lamas