SEGUNDA FUTGAL

3-1 | O Sénior xa é serio aspirante á promoción

DOMINGO 12/04/2026 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 3 – CD SEIXALBO: 1 (2-0)

O equipo Sénior deu un paso de xigante nas súas aspiracións tras impoñerse por ao Seixalbo nun duelo directo da 29ª xornada da Segunda Futgal, nun encontro no que os locais volveron demostrar a súa gran solidez e momento de forma.

O conxunto branquiverde, que suma xa oito vitorias consecutivas, mantén a súa espectacular xeira de resultados e colócase a só tres puntos das prazas de promoción de ascenso, reforzando ademais a súa candidatura ao facerse co coeficiente particular ante un rival directo ao que xa superara na primeira volta.

O partido non puido comezar mellor para os intereses locais. O Pabellón saíu moi enchufado e, antes de cumprirse o minuto vinte, xa puxera terra de por medio no marcador con dous tantos. Noli abría a lata cun certeiro remate, e pouco despois Aldán ampliaba vantaxe culminando o dominio inicial dos seus. Posteriormente, o Seixalbo, non puido aproveitar un erro na saída de balón dos locais e Nacho desviou o balón como puido.

Os branquiverdes están a tres puntos da zona de promoción
Os branquiverdes están a tres puntos da zona de promoción

Na segunda metade, o cadro ourensán soubo xestionar a vantaxe con intelixencia. Ao redor do cuarto de hora, chegaría o gol da tranquilidade, o terceiro para os branquiverdes obra de Numan, que permitiu afrontar con maior seguridade o tramo final do encontro. Xa nos últimos minutos, Luchi anotaría para o conxunto visitante, pero o Pabellón mantivo o control sen conceder máis ocasións, certificando así unha nova vitoria.

Con este triunfo, o equipo reafirma o seu gran momento e continúa presionando na loita pola zona de promoción de ascenso. Na vindeira xornada, o Pabellón afrontará un novo reto a domicilio coa súa visita ao Arenteiro B.

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Álvaro (Seixalbo), co colexiado Alves Pereira
Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Álvaro (Seixalbo), co colexiado Alves Pereira

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Rober (Enrique, m.71), Pedro, Pede, Mario, Sergio, Noli, Aldán (Raúl, m.62), Numan (Xoel, m.76), Moure (Jhonny Merlo, m.76) e Jhonny Nóvoa.

CD Seixalbo: Chuchi, Fede, Bolaño, Álvaro, Sampe (César, m.68), Diogo (Diego, m.68), Nacho (Borja, m.68), Soufian (Nespereira, m.68), Pablo, Samuel (Iago, m.59) e Luchi.

Árbitro: Víctor Enmanuel Alves Pereira (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Pede (m.42) e Enrique (m.90) e nos visitanters a Soufian (m.33), Fede (m.60), Nespereira (m.90), César (m.90) e ao adestrador Miguel Doniz (m.60).

Goles: 1-0, m.13: Noli. 2-0, m.19: Aldán. 3-0, m.58: Numan. 3-1, m.82: Luchi.