3-1 | O Xuvenil A gaña e sae do descenso
DOMINGO 12/04/2026 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)
PABELLÓN CF: 3 – CD BOIRO: 1 (1-0)
O Xuvenil A sumou tres importantísimos puntos ante un rival directo pola permanencia ao que tamén o supera no coeficiente particular, nun partido moi serio do equipo correspondente á 29ª xornada da Liga Nacional. Os branquiverdes, que saen da zona de descenso por arrastre, suman 33 puntos despois de encadear dous triunfos consecutivos cando restan cinco partidos para que remate a competición.
A primeira metade despachouse con vantaxe mínima dos pabellonistas grazas a un gol de Gómez, que afrontaba a súa primeira titularidade despois de moitos meses lesionado. Neste primeiro acto o Boiro tivo máis posesión de balón aínda que sen crear perigo na portería local. De feito as mellores ocasións foron dos locais. De Blasis, antes do gol, e Nico cando o equipo xa gañaba tiveron dúa moi claras para que o marcador fose máis amplo.
No arranque do segundo tempo o Boiro saiu mandando ante un conxunto local moi serio defensivamente. Aos cinco minutos conseguiron ampliar a renda al culminar Nico un balón pelexado e roubado por De Blasis para asistir ao alaricano. Co esta vantaxe (2-0) o equipo mantivo a súa firmeza defensiva e creando perigo nas contras.
Nunha delas Álex Riveiro anotaría o terceiro dos ourensáns e posteriormente estivo a piques de marcar novamente pero o seu disparo foi despexado por un defensa cando parecía que o balón se colaba na porteria visitante. Ao final chegaría o tanto visitante e sen tempo para máis.
Na próxima xornada o Pabellón visita ao Atlético Arteixo noutro partido trascendental entre dous equipos que loitan pola salvación.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Roberto, Gael, Tiago Barbosa, Bericat, Guille, Ander, Gómez (Bruno, m.79), Nico (Tiago Cerdeiro, m.61), Lucas (Álex Riveiro, m.50), Jesús (Iván, m.79) e De Blasis (Samu Ferraz, m.50)
CD Boiro: Manuel, Piño (David, m.76), Manu (Rivas, m.76), Lucas, Rafa (Roi Muñoz, m.59), Roi, Acha, Nando (Millán, m.46), Mateo, Samu (Guille, m.67) e Raúl.
Árbitro: Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Sierra Fernández e Fernández Nóvoa (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Nico (m.39), Lucas (m.52), Gómez (m.75), Tiago Barbosa (m.80) e Álex Riveiro (m.90) nos locais e nos visitantes a Lucas (m.51).
Goles: 1-0, m.8: Gómez. 2-0, m.50: Nico. 3-0, m.68: Álex Riveiro.