Campaña #ForteCoDeporte

A medida é para fomentar a actividade física en tempos de pandemia

A Xunta de Galicia e a Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) veñen de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia.
UFEDEGA-TODOS

O obxectivo non é outro que impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos, así como instar á sociedade e á Administración a seguir apoiando ao deporte federado.

No día de hoxe e durante toda a fin de semana todas as federacións deportivas galegas, clubs, deportistas e todos os que se queiran sumar á iniciativa compartirán unha imaxe personalizada do deporte que realizan acompañado do cancelo #ForteCoDeporte.

Con esta acción, Xunta e Ufedega trasladan á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade.

Cómpre salientar que todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Todos estes manuais están baseados no FISICOVID-DXTGALEGO elaborado pola Xunta de Galicia.

(Nova recollida da web www.xunta.gal).