SEGUNDA FUTGAL

Previa | O Sénior, a pola vitoria na Uceira

CD Arenteiro B - Pabellón CF (A Uceira; domingo 19, 12:00 horas):

Esta fin de semana o equipo Sénior ten un novo compromiso importante na 30ª xornada da Segunda Futgal coa visita ao campo da Uceira para medirse ao Arenteiro B, nun duelo no que os puntos son vitais para seguir soñando co ascenso.

Os pabellonistas, que suman 55 puntos, chegan nun momento inmejorable tras encadear oito vitorias consecutivas, unha dinámica que os meteu de cheo na pelexa por unha das dúas prazas de promoción xunto a outros cinco equipos cando restan só cinco xornadas. Manterse nesta loita pasa obrigatoriamente por sumar os tres puntos nunha saída sempre esixente. Lonxe da casa, o balance é sólido: sete triunfos, tres empates e catro derrotas, con 25 goles a favor e outros 25 en contra.

Pola súa banda, o Arenteiro B chega nunha situación ben distinta. Con 29 puntos, acumula sete xornadas sen coñecer a vitoria, nas que apenas sumou dous empates, enlazando ademais tres derrotas consecutivas. Iso si, o conxunto local amósase perigoso na Uceira, onde xa logrou cinco vitorias e destaca por ser o segundo equipo máis goleador como local, con 39 tantos, aínda que tamén presenta certas debilidades defensivas tras encaixar.

Toño Sanmartín non poderá contar para esta cita por distintas causas con Rubén, Miguel Ángel, Luis, Jorge, Guzmán e Pede, á espera do último adestramento semanal deste venres.

A arbitraxe do partido estará a cargo de Xabier Pérez Ochandategui. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 30.