Vitoria trascendental
Un gol de Raúl na segunda parte deulle un triunfo de vital importancia ao Xuvenil "A" contra un rocoso Santa Mariña
O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou tres puntos de ouro ao superar no campo de Os Remedios a un Santa Mariña que foi de máis a menos no partido. O gol de Raúl aos dez minutos da segunda parte acabaría decidindo un partido no que os visitantes controlaron na primeira parte. Nese periodo o Santa Mariña presionou moito e ben e dispuxo dunha acción clara nun disparo de Diego que petou na parte superior do travesaño.
Os branquiverdes estiveron moitos minutos deste primeiro acto incómodos no campo ante a presión que exercía o rival, situación que menguaría no tramo final no que chegaría unha excelente ocasión para Raúl cun disparo que rexeitaría o meta rival. Antes, Ismael gozara doutra oportunidade nun servicio ao punto de penalti despois de que Raúl roubase un balón na liña de fondo, pero o disparo coa perna "mala" daquel foise fóra. Sen goles marcharíanse ambos conxuntos ao descanso.
Na renudación as cousas cambiaron bastante. O paso por vestiarios sentoulle ben ao Pabellón, que paso a facerse co control do partido e a levar perigo á meta rival. Carlos Villar avisaría nos primeiros compases cun chut que se foi fóra rozando o pao. Instantes máis tarde o xogador carballiñés filtrou un pase entre liñas aos pés de Raúl, que en carreira colocaría o balón ao fondo da rese na saída do porteiro visitante.
Co marcador a favor o equipo gañou máis confianza e seguiron chegando ocasións pero o gol da tranqulidade non chegaría. Pola súa parte o Santa Mariña apenas conseguía levar perigo ao área local polo gran traballo defensivo do equipo. As situacións máis complicadas chegarían sempre a balón parado pero os branquiverdes non deron opción. Ao final tres puntos de moita importancia. VER FICHA TÉCNICA.
O próximo domingo o equipo visita ao Compostela para xogar o partido aprazado da xornada 25ª. Os pabellonistas suman 33 puntos. VER CLASIFICACIÓN.