Exerce de adestrador dende o ano 1998
Viti Blanco adestrará ao equipo Alevín “A” do Pabellón EDO
Víctor Manuel Blanco Ferreño será o encargado de adestrar ao equipo Alevín “A” do Pabellón EDO na tempada 2020-2021.
José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Viti Blanco na dirección do noso equipo Alevín “A” do Pabellón EDO, que xogará en 1ª División.
Viti Blanco ten os títulos de monitor de Fútbol e Fútbol Sala. Comezou a adestrar fai 22 anos (1998) a un equipo de fútbol sala na Casa da Xuventude. Tamén estivo de adestrador no Arranxar, Ponte Ourense, Maristas, C.D. Ourense, na E.D. Ourense e no noso club (12 anos).
Tamén foi seleccionador provincial de fútbol sala e axudante do seleccionador galego benxamín.
“Intento que os nenos disfruten do balón”.