Terceira Galicia

Superou a un correoso A Merca nos Remedios

O Pabellón CF da Terceira Galicia sumou unha nova vitoria a costa do A Merca CF nos Remedios (4-1) nunha cita que os nosos resolverían na segunda metade. Numan, Iván, Shuster e Carlos Conde foron os goleadores dun equuipo que se sitúa segundo na táboa.
P2020698

Na primeira metade as forzas estiveron máis igualadas aínda que os de Charli Álvarez tiñan máis controlada a situación. Pasada a media hora de xogo Numan abriría o marcador pero os visitantes empatarían catro minutos máis tarde nun saque de esquina mal defendido polos branquiverdes. Con empate a un tanto chegaríase ao descanso non sen antes vivir un momento de polémica pola anulación dun gol aos pabellonistas por un máis que dudoso fóra de xogo.

A segunda parte ofreceu un guión moi diferente xa que os nosos pasaron a dominar a un rival ao que lle costaba sair da súa parcela. Traspasado o ecuador deste periodo Iván anotaría o segundo nun lanzamento de falta. Isto deu máis tranqulidade ao Pabellón, que nos dez minutos finais aumentaría a vantaxe cos goles de Shuster e Carlos Conde para o definitivom 4-1. Ver ficha técnica.

Despois deste triunfo o equipo escalou á segunda posición empatado a 26 puntos co Cea, que non puido pasar do empate co Padrenda. Ver clasificación. Na próxima xornada, última da Liga Regular deste ano, toca visitar ao CD Palmés no campo de O Cruceiro. Unha semana máis tarde xogarán a eliminatoria a partido único co Antela CF da 1ª Autonómica.