Os branquiverdes anotaron todos os goles na segunda parte despois dun primeiro tempo no qu estivo impreciso
O Pabellón "B" da Liga Galega Cadete sumou os tres puntos (6-0) diante do Salgueiriños no campode Os Remedios nunha cita que tivo dous tempos moi diferentes.
Na primeira metade o cadro local nunca estivo cómodo no campo e bastante impreciso cun rival que o fixo mellor e que incluso levou perigo á meta local. Na acción máis clara Hugo evitou un gol en propia meta logo dun despexe defectuoso dun compañeiro. Neste primeiro acto os pabellonistas apenas inquietaron o marco rival.
Sentoulle ben o descanso aos branquiverdes que á volta de vestuarios deixaron o partido encarrilado con cuatro goles en quince minutos obra de José. Co rival moi tocado Anxo e Iker completarían o marcador final. Ver ficha técnica. Despois desta vitoria o equipo ocupa a quinta praza do grupo. Ver clasificación.