2ª Autonómica Alevín
Vitoria do Pabellón "B" no campo de Sangoñedo (1-4)
Vitoria do Pabellón "B" no campo de Sangoñedo (1-4)
Tivo que empregarse a fondo o Pabellón "B" no campo de Sangoñedo para dobregar (1-4) á ED Chantada dentro do Grupo 46 da 2ª Autonómica Alevín.
O partido estivo aberto ata os últimos minutos debido a gran intensidade e agresividade coa que se empregou o rival, que áinda que xerou pouco perigo defendeu con moita orde.
Ao descanso o marcador era favorable para os branquiverdes (1-2). José (2), Julián e Unai anotaron os tantos. Despois deste partido o equipo segue liderando o grupo. Ver clasificación.