El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

“PASOU POLA CANTEIRA DO R.C. CELTA DE VIGO”

Novo xogador para o Xuvenil de División de Honra

Ricardo

O Xuvenil de División de Honra ven de confirmar a incorporación de un novo xogador, trátase do porteiro Ricardo Rial Sordo.

O noso adestrador do Xuvenil “A” Cándido Gómez, deulle a benvida  á nova incorporación para o equipo Xuvenil de División de Honra, o porteiro Ricardo Rial Sordo.

Ricardo Rial Sordo:

Xuvenil de 2º ano que xoga de porteiro.

Comezou a xogar no C.D. Unión (Santiago), pasou polo Xuventude de Oroso (Santiago), E.D. Arousa (Pontevedra) onde fichou polo R.C. Celta de Vigo. O ano pasado fichou polo Conxo de Santiago que disputaba a liga Xuvenil de División de Honra, pero debido a unha lesión, tivo pouco protagonismo e decidiu retornar o seu equipo de orixe, C.D. Unión.

“ O meu ídolo é Manuel Neuer e un dos meus mellores recordos é cando conseguín o título de Campión do Torneo do Ulla co C.D. Unión.”

Novo xogador para o Xuvenil de División de Honra