Terceira Galicia

O equipo suma seis xornadas sen perder

O Pabellón CF da Terceira Galicia sumou a súa terceira vitoria consecutiva para pechar por este ano como segundo clasificado na Liga Regular. Foi a costa de vencer no campo de O Cruceiro (1-2) ao CD Palmés. Carlos Conde e Shuster foron os goleadores.
P2020116

Seis xornadas consecutivas leva sen perder -cinco vitorias e un empate- o equipo que adestra Charli Álvarez despois de facerse coa vitoria no campo do CD Palmés. A primeira metade remataría con vantaxe branquiverde co gol de Carlos Conde apenas transcurridos quince minutos.

Na segunda parte as cousas complicaríanse algo co tanto do empate local aos sete minutos cun penalti. De todos os xeitos, os pabellonistas souberon reaccionar e dez minutos máis tarde Shuster colocaría o 1-2 que resultaría definitivo. Ver ficha técnica.

Despois deste marcador positivo o equipo rematará o ano colocado na segunda praza dun grupo que comanda o Outomuro CF, precisamente o primeiro rival do ano 2020 no último partido da primeira volta nos Remedios. Será o 12 de xaneiro. Ver clasificación.

O próximo domingo (12 horas) dispurán a eliminatoria a partido único da Copa Deputación contra o Antela CF nos Remedios.