LN Xuvenil / Remontada con solvencia
O Orillamar marcou primeiro pero os de Cándido Gómez obtiveron un triunfo contudente (7-1)
Vitoria moi clara do Pabellón da Liga Nacional Xuvenil nos Remedios nun partido que se puxo costa arriba cando os visitantes tomaron vantaxe no macador aos seis minutos. Alberte conseguiría empatar mediada a primeira parte nun periodo cun carrusel de ocasións para os nosos e un susto por parte dos visitantes. Ao descanso o marcador era de táboas (1-1).
No segundo tempo o cadro local non deu opción ao rival. Aos tres minutos xa mandaba no taboleiro co segundo tanto obra de Jorge. A partir de ahí soamente houbo un equipo no campo e como consecuencia diso comezaron a cehgar as ocasións e os goles anotados por Abraham, Osián, Iván, Rodrigo e Raúl para o definitivo 7-1.
Con este resultado o equipo situouse de líder pola diferenza de goles ao estar empatado a 22 puntos co Celta "B" e Victoria. Ver clasificación.