El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil / Tres puntos en Cotogrande

Os goles de Fidalgo e Raúl na segunda parte facilitaron a vitoria no campo do Santa Mariña (0-2)

Os goles de Fidalgo e Raúl na segunda parte facilitaron a vitoria no campo do Santa Mariña (0-2)

A estas alturas da competición está moi caro sumar puntos a domicilio xa que calquera rival pode superar a calquera adversario como xa se demostrou na pasada xornada na houbo múltiples sorpresas. O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil tiña unha complicada saída a Cotogrande para medirse a un rival que coquetea co descenso e os de Cándido Gómez souberon manexar o partido para levarse o triunfo con dous goles na segunda metade anotados por Fidalgo, no primeiro minuto da reanudación, e Raúl, éste na recta final do choque. Ver ficha técnica.

Nesta xornada os equipos da zona alta non deron tregua aos rivais, destacando a vitoria (1-0) do Calasanz contra o líder Celta "B" e a do Victoria (4-1) diante dun Choco nun partido directo polo ascenso. Os pabellonistas son sétimos con 38 puntos e a próxima fin de semana non haberá competición, circunstancia que pode pemitir que os nosos recuperen a algúns xogadores mancados. Ver clasificación

LN Xuvenil / Tres puntos en Cotogrande